A Banda Sinfónica Municipal de Madrid en busca dun novo director titular

BSMM Aberto o proceso de selección do novo director da BSMM.



Xa está en marcha o proceso de selección para dirixir a Banda Sinfónica Municipal de Madrid, o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 8 de outubro.

O posto obxeto da selección é de Director Titular da Banda Sinfónica Municipal de Madrid para confeccionar e coordinar a programación anual da mesma, dirixir os ensaios e concertos que se programen e colaborar coa "Área de Las Artes" en torno á programación e funcionamento da agrupación.

Algúns dos requisitos esixidos ós candidatos son posuir a nacionalidade de algún país da Unión Europea, estar en posesión da titulación de Profesor Superior de Música ou equivalente, na especialidade de Dirección de Orquestra ou Coro ou, no seu defecto, en calquera outra especialidade, aportar currículum, presentar un proxecto artístico para os vindeiros catro anos e acreditar experiencia previa.

A "Área de Las Artes" resolverá no prazo de dez días hábiles a lista provisional de admitidos e excluidos, coa indicación dos motivos da exclusión e abrendo un prazo de cinco días hábiles para a subsanación de erros. Comunicarase o resultado a cada un dos candidatos a través do correo electrónico.

O xurado seleccionará ata un máximo de dez candidatos que pasarán á seguinte fase do proceso de selección. Este xurado, composto por catro profesionais do ámbito musical, nomearán un representante da Área de Goberno de Las Artes, que exercerá de presidente do xurado, un secretario funcionario ou laboral procedente do Ayuntamiendo de Madrid, que contará con voz pero sen voto e dous membros da propia plantilla da BSMM.


Para máis información: Bases.



Madrid - luns, 10 de setembro de 2012.

Who's Online

Temos 113 anónimos e 34 identificados en liña

  • advikeve
  • Advolloca
  • jamejibe
  • soutrasp
  • Kibezeno
  • vameKefe
  • TonaUntota
  • hoonohiefe
  • Unconagob
  • ENTEFTSUEM
  • MitSoilm
  • RichardBip
  • AppermAmusy
  • hasscentbinnorp1983
  • lingpetsknocdersramdi
  • viastocimingaweb
  • epplustiopes1985
  • lonfetabwinb1985