Convocatoria para a praza de director na Agrupación Musical do Rosal

banda_O_Rosal Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a dirección da Agrupación do Rosal.

 


Despois de seis anos ó frente da Banda do Rosal, Diego Javier Lorente López decidíu deixar o cargo de director desta agrupación. A Agrupación do Rosal comezará unha nova etapa con novo director, para a súa elección esta semana publicaron as bases da convocatoria para a praza de director/a, quen tamén levará a dirección e organización da Escola de Música.

 

O prazo de presentacións de solicitudes termina o vindeiro 17 de Agosto. Para a selección dos aspirantes teranse en conta varios aspectos como o currículum, proxectos, entrevista persoal e unha proba de dirección que conleva a realización dun ensaio coa propia agrupación, no que se ensaiarán un pasodobre e dúas obras (unha delas obrigatoria) da seguinte lista:

Pasodobres:

- Yakka, José Rafael Pascual-Vilaplana.

- Terras do Rosal, Ángel Antonio Montes.

- Adiós Tomiño, Ademar Álvarez.

- El Torico de la Cuerda, Luis Serrano.

Obras:

- Cavaleiros de Santiago, X.L.Represas (obra obrigada).

- Symphonic Overture, James Barnes.

- Persis, James L. Hosay

- Primavera, Satoshi Yagisawa.

- Henry V, Patrick Doyle, arr. Johan de Meij.

- Arabesque, Samuel R. Hazo.

 

Para máis información consultar as bases aquí.

 

O Rosal - 25 de xuño de 2012

Who's Online

Temos 130 anónimos e 35 identificados en liña

  • advikeve
  • Advolloca
  • jamejibe
  • soutrasp
  • Kibezeno
  • vameKefe
  • TonaUntota
  • hoonohiefe
  • Unconagob
  • ENTEFTSUEM
  • MitSoilm
  • RichardBip
  • AppermAmusy
  • hasscentbinnorp1983
  • viastocimingaweb
  • epplustiopes1985
  • lonfetabwinb1985
  • piiiirrrssin
  • ekaknixo