Resultado do XII Certame de Bandas da Deputación Provincial de Pontevedra

XII Certame de Bandas

Este fin de semana celebrouse unha nova edición do Certame de Bandas da Deputación Pontevedresa, desta vez no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

O sábado 27 de outubro, comezaba ás 15 horas coa actuación da Agrupación Musical de Goián, logo da actuación das 8 bandas que compuñan as dúas seccións, sobre as 21:30 horasleuse o fallo do xurado

Os resultados foron os seguintes:

Na sección segunda:
Con 203 puntos, terceiro premio dotado con 1.050€ para a Banda de Música “Airitos do Morrazo”
Con 229 puntos, segundo premio dotado con 1.300€ para a Agrupación Musical de Goián
E con 313 puntos, primeiro premio dotado con 2.900 euros para a Banda de Música Xuvenil de Torroso.

Na sección terceira:
Con 225 puntos, diploma de participación para a Ateneo Musical de Bembrive
Con 249 puntos, diploma de participación para Banda de Música da Vertula
Con 253 puntos, terceiro premio dotado cun vale de 900 € para a Banda de Música de Vilatuxe
Con 255 puntos, segundo premio dotado con 1.100€ para Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
e con 293 puntos, primeiro premio dotado con 2.400€ para a Banda de Música del Municipio de Arbo

 

O domingo 28, as 11 horas comezou a segunda sesión deste certame coa sección primeira. A primeira banda en actuar foi a Banda de Música Municipal de Valga. Pola tarde a sección especial dou comezo as 16:30 horas.

O resultado foi:

SECCIÓN PRIMEIRA

  1. Banda de Música de Vilagarcía con 286 puntos
  2. Banda de Música Municipal de Valga con 250 puntos
  3. Agrupación Musical de Vincios con 214 puntos

SECCION ESPECIAL

  1. Unión Musical de Valladares 287 puntos
  2. Banda Unión Musical de Meaño 286 puntos
  3. Banda de Música Municipal de Caldas de Reis 225 puntos.

Who's Online

Temos 129 anónimos e 35 identificados en liña

  • advikeve
  • Advolloca
  • jamejibe
  • soutrasp
  • Kibezeno
  • vameKefe
  • TonaUntota
  • hoonohiefe
  • Unconagob
  • ENTEFTSUEM
  • MitSoilm
  • RichardBip
  • AppermAmusy
  • hasscentbinnorp1983
  • viastocimingaweb
  • epplustiopes1985
  • lonfetabwinb1985
  • piiiirrrssin
  • ekaknixo