As pegadas do baile

“As pegadas do baile” é un proxecto artístico que nace dende o proxecto interdisciplinario de defensa e difusión do baile, “Ven e Baila”. Dende o “Ven e Baila” vimos respondendo a unha clara necesidade de colocar o baile tradicional galego no lugar que lle corresponde, cubrindo o requisito de crear proxectos de todo tipo para achegarnos ao público xeral.

Nesta ocasión presentamos “As pegadas do baile”, proxecto artístico dirixido a concellos, vilas, aldeas, cidades ou lugares dentro ou fora de Galicia, que queiran destinar un cachiño do seu terreo a formar parte da expansión do noso baile, para ser defensores do coidado e da trasmisión da nosa cultura popular.

Máis información en Cultur.gal