Unha nova visión

O proxecto 6/8

O proxecto 6/8 (seisporoito) é un punto de encontro en base a unha idea para a profesionalización da ensinanza na música e no baile tradicional. O proxecto xeral ramifica en varias vertentes que se desenvolven ao mesmo tempo, e onde a escola itinerante pretende ser o corazón e un lugar onde conflúan.

Obxectivos Principais:

  • Apoio e desenvolvemento profesional de todas as artes relacionadas co movemento, a expresión e a música tradicional. 
  • Creación dunha formación de todos os níveis de ensinanza: iniciación, ensinanza media e ensinanza profesional. 
  • Creación de material para desenvolver estas tarefas: libros educativos, ensinanza online, contido dixital, etc…
  • Xeración dunha comunidade para a defensa da ensinanza das artes escénicas na música tradicional. 

Artur Puga, director

@arturpuuga

Artur Puga é o motor do proxecto 6/8, combinando unha sólida formación académica nas ciencias do movemento e a súa paixón polo baile e a música tradicional galega.


Cunha experiencia de máis de unha década como docente, intérprete e director, Artur dedica o seu traballo a mellora constante dos procesos de ensinanza a través dunha metodoloxía viva e participativa, que sitúa ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe.

Ver CV →