Unha aprendizaxe viva e participativa

Escola itinerante 6/8

A Escola Itinerante 6/8 ten como obxectivo fundamental xerar e fortalecer unha comunidade comprometida coa defensa e promoción do ensino e das artes escénicas vinculadas á música e ao baile tradicional.

O noso enfoque baséase na combinación do coñecemento en primeira persoa adquirido a través do traballo de campo, co coñecemento teórico-práctico do control bio-mecánico do corpo humano. Ademais, traballamos de forma continua no desenvolvemento e mellora das didácticas para a ensinanza das artes da música e do baile tradicional galego.

Planificación didáctica

A concurrencia dos diferentes modelos de aprendizaxe, a través da experiencia e práctica, a formación en todos os niveis e o paso por moreas de corpos desta planificación fan que despositemos nela toda a nosa confianza. Iso si, o cuestionamento constante dos nosos métodos son unha das claves da nosa ensinanza. 

Máis de dez anos de docencia, avalan este modelo de ensino. Ademáis, o grado universitario nas ciencias do movemento de Artur, aportan coñecementos teoricos e prácticos aplicables a todo o sistema didáctico.

Metodoloxía docente

É unha metodoloxía viva, que bebe directamente do aprendido doutras profesionais do sector e a experiencia da formación e o traballo con diferentes corpos de Artur. As novas docentes aportan novas experiencias e recursos co fin da mellora  didactica constante.


A metodoloxía aposta pola participación e vivencia de cada persoa utilizando o divertimento como eixo común.

Equipa docente

Martin Mondragón

Comezou a súa carreira profesional na compañía de danza de Fran Sieira,[1]formando aínda parte do seu elenco artístico.[3] Mondra tamén ten formación en piano e pandeireta.[3] Exerce como mestre de pandeireta e baile tradicional galego en varias asociacións culturais do país.

Ver CV →

Ana Fernández

Cun percorrido no baile tradicional de preto de 10 anos, a súa experiencia docente abarca a iniciación de novos bailadores e a substitución en aulas de nivel avanzado. Combina a súa paixón polo baile coas súas inquietudes teóricas, explorando didácticas e control biomecánico no ensino.