A escola municipal de música tradicional de Sarreaus nace promovida polo Concello de Sarreaus no 2026, xunto coa loxística da escola Seisporoito e baixo a dirección de Artur Puga. Esta iniciativa innovadora e proxectada para a protección, ensino e difusión da música patrimonial galega. Este proxecto continua as tendencias actuais da ensinanza artística sen esquecer a importancia de dar e ofrecer servizos e actividades ao rural.

Somos unha plataforma educativa de carácter municipal que ten por obxectivos o achegamento e acceso universal a música e baile por parte da cidadanía, sexa cal sexa o nivel do que parta así como acoller alumnado que busque profesionalizarse no sector da maneira que sexa.

A escola conta con Xan Pérez e Artur Puga como docentes, dous mestres de contrastada traxectoria tanto no ensino coma no panorama escénico e que imparten polo momento 3 especialidades musicais:

Canto Popular, Gaita e Percusión

O plan de estudos está pensado para acoller e acompañar ao alumnado no momento formativo que se atopen e demanden sen deixar de lado a importancia dos procesos de aprendizaxe grupais da nosa música.